OBRAS

Cultura redacta o proxecto de restauración de Oseira

Roman Oseira_result
photo_camera O conselleiro Román Rodríguez anunciou a inversión o día 1 maio do ano pasado en Oseira.

O departamento autonómico ten previsto investir nesta intervención un total de 900.000 euros.
 

A Consellería de Cultura publicou onte no Diario Oficial de Galicia o contrato para redactar o proxecto básico e de execución e a dirección de obra para a restauración do mosterio de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea. O departamento autonómico ten previsto investir nesta intervención un total de 900.000 euros.

As actuacións prioritarias que ten previsto acometer a Consellería, que se abordarán por fases, inclúen as obras de restauración e mellora da cuberta, a carpintería, os paramentos e as pinturas murais principalmente, así como mellorar as condicións ambientais dalgunhas partes do mosteiro. Tamén se abordará un estudo básico da construcción e das súas necesidades de cara á súa conservación e á elaboración dun estudo de conservación preventiva. Así mesmo, o estudo básico servirá para a futura redacción dun plan director do monumento.

As primeiras obras acometerán a substitución íntegra da cuberta que conecta o claustro dos pináculos co dos medallóns, así como toda a carpintería da fachada principal. Abordarase a limpeza e mantemento dos paramentos dos espazos de maior valor cultural e pavimentarase o espazo da escaleira monumental na pranta baixa. Esta fase inclúe revisar a carpintería, analizar a iluminación e mellorar as condicións ambientais da sacristía, a sala capitular e o claustro dos medallóns.

Te puede interesar