O CARBALLIÑO

Debate sobre o presente e futuro da investigación

O Congreso Chamoso Lamas reúne na vila a un cento de participantes, entre eles 35 expertos

Debate sobre o presente e futuro da investigación

O IX Congreso do Home e do Medio. Verbo Conxugado (pasado, presente e futuro na investigación) estase desenvolvendo no Carballiño desde onte. Esta actividade, organizada polo Centro de Estudios Chamoso Lamas, reúne na vila do Arenteiro durante os tres días de duración a 35 expertos en distintas materias de Galicia e doutras comunidades autónomas, ademáis de algún estranxeiro, entre ponentes e comunicantes, éstes últimos da Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de Vigo.

Durante o acto de inauguración, o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes. consideraba que o congreso “sitúa o Carballiño no centro da investigación galega , nacional e internacional. Ademáis, e gracias a este congreso, a vila e a comarca teñen unha resonancia fora das nosas fronteiras, ampliando o noso horizonte turístico”. O presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, destacou “os 20 anos que cumplimos", apuntando que o congreso vai atraer a máis de 90 participantes; mentras o profesor titular de Análise e Intervención Psicosocioeducativa da Universidad de Vigo, Xosé Manuel Cid, referiuse a esta edición do congreso “na que acercaremos as novas políticas educativas que se están desenvolvendo no noso campus”.

Entre os ponentes contouse con Carlos Varela, Fiscal Superior de Galicia, que analizou un manual de seguridade para a protección do patrimonio cultural, entre as que apuntaba a realización dun inventario electrónico. O arquitecto Óscar Gónfer abordou un plan de integración de espazos públicos nas cidades, incidindo na igrexa da Veracruz, e entre outros, tamén interviñeron nesta primera xornada o director de cine italiano Simone Saibene, e o director do Arquivo de Ourense, Pablo Sánchez.