Beatriz

Os emigrantes recibiron aos gaiteiros en México

Banda de gaitas de Beariz
photo_camera A Banda de Gaitas de Beariz durante a súa estancia na feira do libro, en Guadalajara.

Tamén actuou na Feria Internacional del Libro de Guadalajara (Jalisco), no stand da Xunta de Galicia

A Banda de Gaitas de Beariz regresou dunha viaxe de 10 días por México onde realizou varias actuacións durante a visita á comunidade de emigrantes galegos.

Co gallo da celebración do San Martiño, o Centro Galego de México invitou á banda a tocar nos actos desta festa, no centro deportivo de Tlahuac e no marco dun xantar  multitudinario. Tamén actuou na Feria Internacional del Libro de Guadalajara (Jalisco), no stand da Xunta de Galicia. "As nosas xotas e muiñeiras acompañaron a presentación da obra literaria de José Balboa Rodríguez", apuntan os gaiteiros, que coincidiron en México con este concelleiro de Beariz.

Outra das actuacións foi no Parque España. Esta institución de carácter benéfico aglutina á maioría dos emigrados e conta cunhas instalacións deportivas de gran beleza. A actuación da Banda de Beariz estivo enmarcada nos actos de fin de curso das súas escolas musicais. Finalmente, participaron nun encontro con bearicenses afincados en Puebla. Os gaiteiros aproveitaron tamén a viaxe para visitar diversos lugares de interés.

Te puede interesar