CARBALLIÑO

Emotivo acto de entrega do premio Arenteira 2017

<p></p>
photo_camera Un momento do acto de entrega dos Arenteira, cos tres galardonados sentados á esquerda.

Fray Damián Yáñez, a título póstumo, Manuel Blanco e Roberto Pascual foron os agasallados

Roberto Pascual, Manuel Blanco e Fray Damián Yáñez, este último a título póstumo, foron homenaxeados onte en Carballiño coa entrega dos Premios Arenteira 2017. Estes galardóns, que chegan á súa sexta edición, están patrocinados polo Aparthotel Arenteiro e o seu obxectivo é destacar o labor de persoas, entidades e institucións nos ámbitos cultural e deportivo nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

Un numeroso grupo de persoas encheo o salón do aparthotel para asistir ao acto, no que se recoñeceu o labor de tres persoeiros vencellados a estas dúas comacas. Un deles foi o profesor de Artes Escénicas Roberto Pascual, licenciado en Filoloxía Galega e posgraduado en Arte Dramática e diplomado en Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, cun traballo de investigación sobre o teatro galego. Crítico e investigador teatral, ten publicados traballos en multitude de revistas e publiccións. Na actualidade é profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Outro premiado cos Arenteira foi Manuel Blanco Guerra, promotor desde mozo de numerosas iniciativas de carácter cultural e deportivo. Foi piloto de automovilismo, xogador de tenis e promotor de campionatos. Tamén foi un dos grandes promotores do baloncesto na vila do Arenteiro, levando ao club local a participar en categoría nacional.

O recoñecemento máis emotivo foi o concedido a título póstumo a Fray Damián Yáñez, polo traballo que desenvolveu, durante máis de 50 anos, na restauración do mosteiro de Oseira e, sobre todo, na posta en marcha da biblioteca, que pasou de ter menos de cen exemplares a máis de 30.000 volumes catalogados cando morreu. Fray Damián tamén destacou pola súa faceta como investigador e promotor dos congresos do Císter. O alcalde de Cea, José Luis Valladares, foi o encargado de recoller esta distinción.

Te puede interesar