Unha empresa encargarase da promoción das feiras mensuais

Postos de venda, na Praza Maior. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O concelleiro de Comercio e Turismo do Carballiño, Manuel Dacal, subliñou onte a intención do seu departamento de 'profesionalizar' as feiras mensuais da vila, que se celebrarán o segundo domingo de cada mes, ademais das dúas tradicionais dos días 16 e da última xornada mensual. O Concello carballiñés contactará cunha empresa especializada neste tipo de eventos, 'para ofrecer unha meirande diversidade de actividades e, ó mesmo tempo, mellorar o seu atractivo', indicou o edil socialista.
Con esta nova medida, o inicio destas feiras retrasarase ata o mes de xuño, pero contando cunha serie de soportes publicitarios que permitirán dalas a coñecer en toda Galicia. Entre outras novidades que ofrece a xestión por parte dunha empresa especializada, Manuel Dacal destaca a programación de actividades dirixidas ó público infantil e a posta en circulación dos 'europol'. Estas serán moedas de troco que os comercios da vila ou postos de venda ambulante entregarán ós clientes, e que logo poderán ser canxeadas por racións de polbo nos locais colaboradores.

Te puede interesar