O CARBALLIÑO

Entrega de diplomas da Rede Emprende en Igualdade

photo_camera Entrega de diplomas.

No acto participou a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que fixo entrega dos diplomas do curso Rede Emprende en Igualdade, na que participaron 8 alumnas do Carballiño.

O Concello do Carballilño celebrou onte un acto institucional dentro da programación que está a desenvolver durante todo este mes de marzo e no vindeiro abril con motivo do Día Internacional das Mulleres, do pasado 8 de marzo. A concelleira de Igualdade, Purificación Alberte, lembrou as desigualdades que aínda existen entre homes e mulleres, tanto no ámbito familiar como social e laboral, mentras o alcalde, Argimiro Marnotes, animou ós presentes a seguir traballando pola igualdade.
No acto participou a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que fixo entrega dos diplomas do curso Rede Emprende en Igualdade, na que participaron 8 alumnas do Carballiño. Ademais, tamén se procedeu á entrega dos premios do IV Concurso fotográfico 2015 "Unha mirada de xénero: Con E de emprendedoras" e entregouse un cheque de 775 euros, recaudados durante a andaina solidaria, á Asociación Española contra el Cáncer.

Te puede interesar