ENTROIDO 2017

O Entroido de O carballiño terá tres desfiles, música, cultura e gastronomía

uploaded_carnaval_result
photo_camera Diego Fernández e Manuel Dacal durante a presentación do programa.

O Concello reforza este ano o luns día 27,  por coincidir co día de feira, con animación nas rúas e verbena

O Concello do Carballiño ofrecerá desde o 25 de febreiro ao 5 de marzo oito días de animación cultural, musical, festiva, gastronómica e tres desfiles de comparsas e folións para celebrar o Entroido 2017 e a XXIII Festa da Cachucha. Nesta edición do Entroido adquire, ademais, unha gran relevancia o luns 27 de febreiro, que é día de feira e que contará cun baile de disfraces amenizado por unha das orquestras máis importantes de Portugal, a “Orquestra Funçao Pública”, equiparable ás mellores orquestras de Galicia. E, pola mañá, a Charanga Mekánica ofrecerá animación e miniconcertos nas principias rúas e prazas.

Os concelleiros de Cultura, Diego Fernández, e de Turismo, Manuel Dacal, presentaban onte a programación completa que se inicia o 25 de febreiro cun obradoiro infantil e un desfile e concurso de disfraces, ademais dunha festa na Praza Maior, amenizada polo DJ "Tibu".

A tradicional comparsa Os Liborianos será a encargada de amenizar a xornada do domingo, cantando as súas coplas, tamen na Praza Maior. Para o luns, a Charanga Mekánica acatuará polas rúas a partir das 11,00 e o baile coa orquesta Funçao será as 23,00 horas.

O martes haberá música na rúa con Castro Bello e o gran desfile de comparsas, a partir das 17,00 horas, con premios para os participantes. Ao rematar, actuación de Joselito do Grove Orquesta Acirema, na Praza Maior.

A asociación Aspadisi encargarase un ano máis do Enterro da Sardiña e ofrecerá una chocolatada con leite de Loureiro, co fin de promocionar as industrias agrarias da comarca.

Os concelleiros, apuntaron que seguerá a programación coa Ruta das Tapas, o venres, adicada á cachuha, e o sábado, 4 de marzo, terá lugar o cuarto monólogo do ciclo “Carballiño Comedy”, coa actuación do coñecido humorista Alex O´Dogherty. 

Te puede interesar