Unha estrea de Teatro Noroeste inaugurou o Festival Galego

Teatro Noroeste, coa estrea da obra 'Último cowboy', inauguraba onte a 22 edición do Festival do Teatro Galego no Carballiño. Previamente, entre as 18,00 e as 19,30 horas, xa houbo na Praza Maior un obradoiro infantil, ademais do espectáculo 'Os Bañistas de PicomPe', que se iniciaba ás 20,00 horas
O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, destacaba Carballiño como un referente do panorama teatral galego. Nese senso, engadía que a Deputación sempre está presente en eventos culturais deste tipo pese a difícil situación económica. Casilda Alfaro, vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, xunto co alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, coincidiron en resaltar o traballo da actriz Josi Lage, á que felicitaron por facer posible a organización do festival, ó mesmo tempo que animaban á xente a asistir ás distintas representacións.

Te puede interesar