A ministra Elena Espinosa e o presidente da Xunta presidirán o día grande da xornada gastronómica

A ‘Festa do Pulpo’, cita inexcusable

A ‘Festa do Pulpo’ do Carballiño, que se celebrará o vindeiro domingo 10 de agosto, segue a espertar ano tras ano unha gran expectación e interese, e proba delo é a confirmación por parte da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado da presenza respectiva nesta edición número 46 do presidente Emilio Pérez Touriño e de Elena Espinosa, ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Pesca, natural de Ourense.
Ademáis, a organización tamén destaca o desprazamento dos conselleiros de Política Territorial, Medio Ambiente e Pesca, María José Caride, Manuel Vázquez e Carmen Díaz, respectivamente, así como de varios delegados provinciais; o secretario xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez, e a presidenta do Parlamento galego, a tamén ourensá Dolores Villarino. Pola súa banda, a Junta de Andalucía, comunidade a que este ano se adica o festexo gastronómico, enviará coma representante ó seu vicepresidente primeiro, Gaspar Zarrías.

Recepción


Os actos desta 46 edición da Festa do Pulpo comezarán ó mediodía deste domingo cunha recepción oficial de autoridades na Casa do Concello do Carballiño. Nela procederán a asinar no libro de honra tanto a ministra Elena Espinosa como o vicepresidente andaluz, Gaspar Zarrías, para dirixirse posteriormente ó público asistente a este acto. Dende a Praza Maior da vila, a comitiva oficial fará un percorrido ata o Parque Municipal nun paseo polas rúas Rosalía de Castro, Mosquera e Calvo Sotelo e avenida residencial.

Antes de adentrarse na paraxe natural, as autoridades visitarán a caseta que a Consejería de Pesca da Junta de Andalucía terá instalada no entorno do monumento ós Irmás Prieto. A continuación, a comitiva baixará ata o recinto oficial da ‘Festa do Pulpo’ para o tradicional xantar de confraternidade cos invitados, que comezará a partir das dúas e media da tarde.

Trinta postos para servir ó público

A comisión organizadora do festexo gastronómico convocou o pasado 31 de xullo o sorteo dos postos de venda no Parque municipal. Finalmente, serán 30 os pulpeiros que se instalen na zona situada por riba da pista central, para atender a demanda do cefalópodo. Ademais, o Concello carballiñés distribui outros 15 postos no casco urbán da vila.



Te puede interesar