Francisco Fumega lidera ós socialistas da comarca

Iolanda Otero, Pachi Vázquez, Fumega, Nogueira, María José Pérez, Dacal e Tato. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A asamblea da Agrupación Socialista do Carballiño elexiu onte por unanimidade a Francisco Fumega Piñeiro, de 51 anos, coma novo secretario comarcal, en substitución de Guillermo Fernández Dopazo. Máis dun cento de militantes socialistas foron convocados a última hora da tarde no Aparthotel Arenteiro, entre eles Pachi Vázquez, actual secretario xeral do PSdeG.
A reunión comezou coas verbas de Francisco Fumega, que coma voceiro desta formación política na Corporación carballiñesa, fixo un balance negativo da xestión desenrolada polo equipo de goberno do 'popular' Argimiro Marnotes no seu primeiro ano de mandato .

A continuación, a asamblea elexiu a nova comisión executiva local, integrada por 21 vocais e 12 secretarios, destacando entre istes o exalcalde Carlos Montes (comunicación) e os actuais concelleiros Iolanda Otero (igualdade e participación cidadá) yAdolfo Nogueira (acción electoral e política municipal). Tamén foron nomeados catro representantes no comité provincial e tres para o nacional.

Te puede interesar