A Casa da Concello do Carballiño acolle a exposición Ilusións da Asociación Fotográfica O Potiños, con 19 imaxes da carballiñesa Luisa Lorenzo, que mixtura paisaxe e monumentos coa técnica dixital. Outro fotógrafo do colectivo, Albert Brull, expón Complicidades no Centro Comarcal.
A asociación fotográfica O Potiños do Carballiño mantén abertas dúas exposicións na vila do Arenteiro ata o día 29 de febreiro. A primeira é unha escol ma de 19 imaxes captadas por Luisa Lorenzo e que levan o título xenérico de Ilusións, que poden admirarse no acceso interior da Casa do Concello.
Esta fotógrafa afecionada do Carballiño mixtura e enmarca figuras humanas en paisaxes e monumentos ó traverso da técnica dixital, conseguindo uns resultados sorprendentes.
Outro membro de O Potiños, o catalán Albert Brull, presenta a súa colección Complicidades na sala de exposicións do Centro Comarcal. Nela, recóllense retratos de toda a xente que rodea ó autor, amigos e familiares, aínda que Brull non apareza.