A programación anual tamén inclúe un acto de recoñecemento para un traductor de Rosalía de Castro

O Instituto de Estudios rinde homenaxe a nove vecinos de Oseira asasinados en 1909

O presidente da entidade, Avelino Muleiro, na entrega dos premios Bacelos de Prata. (Foto: Martiño Pinal)
Unha representación teatral promovida polo Instituto de Estudios Carballiñeses recordará ós nove veciños da parroquia de Oseira (Cea) que no 1909 morreron a mans da Garda Civil durante unha protesta polo traslado do baldaquino da igrexa á catedral de Ouren se. É unhas das actividades que desenrolará a entidade durante este ano, ademais de programar unha homenaxe ó profesor de latín na Universidade de Santiago Sergio Álvarez Campos, recoñecido en Galicia pola traducción de poemas de Rosalía de Castro.
O Instituto de Estudios Carballiñeses aprobou na súa asamblea ordinaria o programa de actividades culturais que se desenvolverá ó longo do presente ano. Os asistentes á reunión acordaron promover a representación dunha obra de teatro escrita polo cineasta Ismael González, que se titula ‘As mortes de Oseira’, con motivo do centenario do asasinato de nove persoas desta parroquia de Cea a mans da Garda Civil, que ordenara disparar contra os veciños cando se concentraban na igrexa para impedir o traslado do baldaquino á catedral de Ourense.

Serán veciños da comarca os que se encargarán da representación que terá lugar na praza maior de Cea. A obra está basada no artigo publicado na revista Agora do Orcellón, que publica o Instituto de Estudios Carballiñeses, do que é autor Emilio Fernández.

Por outra banda, entre outros proxectos para o 2009, tamén destaca a organización dunha homenaxe á figura do padre franciscano Sergio Álvarez Campos, que morreu no 1994. Era profesor de latín na Universidade de Santiago e destacou en Galicia pola traducción de poemas de Rosalía de Castro á esta lingua vernácula. A proposta partiu dun dos socios de honra da entidade, Xesús Alonso Montero, que fai unha lembranza do profesor no último número de Agora do Orcellón, presentado ós socios na asamblea.

Te puede interesar