A inundación do túnel da N-541 impide o paso de automóbiles

  O último atrapado no paso da N-541.
As autoridades municipais advirten ós conductores que está totalmente prohibido o paso polo túnel que comunica a estrada N-541 e a rúa Serra da Martiñá. No periodo dun mes, catro vehículos quedaron atrapados pola auga.
Os concelleiros de Obras e de Tráfico do Carballiño, Manuel Amil e José Antonio Barge, respectivamente, advirten ós conductores que ‘está totalmente prohibido circular polo túnel da rúa Serra da Martiñá, xa que o seu nivel está a provocar frecuentes inundacións’.

Neste paso que discurre entre a avenida 25 de Xullo (N-541) e a citada rúa quedaron catro vehículos atrapados no periodo dun mes, e os seus conductores tiveron que ser socorridos pola Policía Local e Protección Civil.

Os responsables municipais lembran que ‘na entrada de dito túnel colocouse unha placa prohibindo a entrade de vehículos’, unha placa que a cotío desaparece. ‘É moi importante que os conductores respeten esta sinalización, mentres non se atope unha solución para o bombeo da auga que anega o paso’.


Te puede interesar