O CARBALLIÑO

Máis de 200 inscritos na Andaina da Igualdade

Serán dous itinerarios, un curto de doce quilómetros e outro, máis longo, de 19.

Máis de 200 persoas inscribíronse para participar mañá na Andaina “O Carballiño camiña pola Igualdade”, que organiza a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello do Carballiño. A saída terá lugar ás 10,00 horas, da Praza Maior, para efectuar un recorrido pola zona norte do municipio, con dúas rutas, unha curta, de 12 quilómetros, e outra longa, de 19 quilómetros.

Os camiñantes pasarán polas localidades de Vilar, Madarnás, A Esgueva, Costoia e Paciños, onde remata a ruta curta, para continuar por Mudelos, Veiga, Paseo do Arenteiro e Praza Maior, onde culmina a andaina longa, de 19 quilómetros.

Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e Garda Civil colaboran con esta iniciativa, custodiando a marcha, para previr calquera posible problema cos vehículos que circulen polas confluencias coas estradas por onde pasa a andaina, Os participantes poderán facer donativos a beneficio da Asociación de Persoas Afectadas de Dano Cerebral.

Te puede interesar