O CARBALLIÑO

En Marea cuestiona a política laboral do goberno municipal de Carballiño

Consideran que hai unha serie de prazas vacantes para as cales aínda non foi convocado un concurso de selección.

O grupo municipal de Alternativa Veciñal-En Marea do Carballiño considera que a política laboral do equipo de goberno de Francisco Fumega carece dunhas bases de contratación transparentes, "xa que non se renovan as listas de espera que están no paro", según o voceiro na Corporación, Bernardo García. Asemade, este concelleiro considera que hai unha serie de prazas vacantes para as cales aínda non foi convocado un concurso de selección. Neste sentido, García cita dous axentes da Policía Local, un encargado da Biblioteca pública, un tesoreiro, un mecánico e un encargado para a brigada de obras.

Te puede interesar