O CARBALLIÑO

A modificación do PXOM facilita a ampliación do Gran Balneario

Trátase dunha modificación puntual desta normativa urbanística, que afecta únicamente á parcela do centro termal, e non supón cambios illados na clasificación e calificación do solo ou delimitación do ámbito dos polígonos

O Concello do Carballiño está dando os pasos legais pertinentes para posibilitar o proxecto de reforma do Gran Balneario, que elabora o arquitecto Manuel Gallego Jorreto por encargo da xerencia deste establecemento termal, que cumpre 116 anos de existencia. Este trámite, que será comunicado hoxe na comisión municipal de Obras, Urbanismo e Servizos Públicos, e que será levado ao próximo pleno da Corporación para a súa aprobación, ven motivado pola procura de adapta-la regulación da zona edificable incluida na parcela do balneario, acorde coas necesidades actuais da actividade.

Trátase dunha modificación puntual desta normativa urbanística, que afecta únicamente á parcela do centro termal, e non supón cambios illados na clasificación e calificación do solo ou delimitación do ámbito dos polígonos. A reforma prevista no Gran Balneario non afectará aos edificios históricos, Casa de Baños e Fonte, nin ao arbolado e zona verde do recinto, senón que se realizará na parte media e baixa da parcela. 

Te puede interesar