PATRIMONIO

Novas excavacións indagarán no espazo da Torre de Godás

torre_result
photo_camera Muros descubertos na Torre de Godás, co pozo, tapado, á dereita da imaxe.

O colectivo Chamoso Lamas solicitará a financiación necesaria ante o Concello carballiñés

A Torre de Godás, un asentamento defensivo medieval ubicado ó carón do río Arenteiro, no termo municipal do Carballiño, será obxecto de novas intervencións no vindeiro ano a fin de continuar os traballos iniciados na primavera de 2016 polo Centro de estudios Chamoso Lamas. A nova quenda de excavacións centrarase na limpeza e acondicionamento da contorna deste espazo singular e na consolidación dos muros de pedra que conforman a torre e que xa quedaron ó descuberto.

Ademais, os expertos en Arqueoloxía da asociación de investigación da comarca retomarán as obras de profundización no pozo achado no centro da edificación, e que según as labores de observación desenvoltas o ano pasado surtía ós vixías da torre e tamén recollía auga da choiva. Deste xeito, os investigadores descubriron unhas antigas canalizacións na contorna do núcleo urbán da colindante localidade de Godás, e que agora son utilizadas como sendeiros.

O proxecto elaborado polo Centro de estudios será presentado ante a Dirección Xeral de Patrimonio para a súa validación, e tamén ante o Concello do Carballiño "a fin de solicitar a financiación que  corresponda", suliña Jorge Lamas, responsable da sección de Arqueoloxía do colectivo. Un proxecto que tamén contemplará a instalación de paneis indicativos de localización do xacemento arqueolóxico, tendo en conta que o sendeiro que comunica O Carballiño co conxunto histórico de Pazos de Arenteiro, duns 13 quilómetros de lonxitude, pasa entre o río e o outeiro onde se atopa a Torre de Godás.

Comunal

O investimento do Concello nas excavacións foi de 10.000 euros o ano pasado, e para 2018 deberá incluirse unha partida semellante nos orzamentos municipais. O terreo onde está enclavada a torre é de propiedade comunal dos veciños da localidade de Godás, integrada na parroquia carballiñesa de Longoseiros, e está situado a uns tres quilómetros do casco urbán da vila do Arenteiro.

Te puede interesar