EN PICO SECO

Novo parque eólico aprobado para os montes de O Irixo

A infraestrutura prevé un investimento de preto de 35 millóns

Un novo parque eólico instalarase non montes de O Irixo. Trátase de Pico Seco, situado entre os concellos pontevedreses de Lalín e Dozón e o ourensán do Irixo. A infraestrutura, que prevé un investimento de preto de 35 millóns, estará composta por 9 aeroxeradores que, cunha potencia total de 27 MW, producirán preto de 91.300 MW/h ao ano, o equivalente ao consumo anual de máis de 22.000 fogares galegos.

O Pico Seco está promovido por Aerogeneración Galicia S.L. é convértese no quinto parque do concurso aprobado no que vai de ano pola Xunta, tras as autorizacións dos eólicos de Acival, Modingo, Faro e Cernego. Dende a Consellería de Economía e Industria destácase que o novo proxecto suporá unha importante fonte de financiamento para os concellos de Lalín, Dozón e O Irixo, que poderán beneficiarse da recadación obtida do canon.

Te puede interesar