As obras de cableado obrigan ó corte do tráfico na rúa Carreira

Valado e maquinaria, onte, nas obras da rúa Carreira. (Foto: Martiño Pinal)
Os automóbiles e os peóns teñen serias dificultades de paso pola rúa Carreira do Carballiño co gallo das obras que a empresa R está levando a cabo para a instalación do cableado soterrado de comunicacións.
Esta céntrica arteria da vila carballiñesa, que comunica a rúa Aldara coa avenida Alberte Vila nova, onde se atopan os edificios do Centro de Saúde, Facenda e do Instituto de Secundaria número un, permanece pechada ó tráfico hai unha semana durante o desenrolo da xornada laboral.

Os propietarios da zona sinalaron que ‘hai tramos onde non hai alumeado público e a maquinaria pesada queda estacionada polas noites, co risco de que se produza un accidente’.


Te puede interesar