Os panadeiros cocerán en Cea 2.500 pezas para a festa de mañá

A 'Festa de Exaltación do Pan de Cea' chega mañá, domingo, á súa vixésima edición cunha previsión de achegar a preto de 15.000 persoas a esta localidade, superando as previsións do ano pasado, cando máis de 10.000 visitantes degustaran no Campo da Saleta os produtos galegos de calidade diferenciada.
Os actores Tacho González e Patricia Vázquez, popularmente coñecidos pola serie da TVG 'Padre Casares' dando vida a Sindo e Lidia, serán os encargados de dar o pregón da festa, a partir das 13,00 horas. O programa de actos dará comezo hoxe coa representación de 'O cantante e as mulleres', da compañía Migallas Teatro. Será ás 23,15 horas, na Praza Maior de Cea.

Xa no domingo, os 18 fornos adscritos á IXP distribuirán preto de 2.500 pezas de pan que se repartirán durante a celebración acompañadas duns 100 quilos de chourizo. Todo elo animado ata a noite por pasarrúas, orquestras e as actuacións das Pandereteiras de Cea e charangas.

Te puede interesar