As persoas con discapacidade do Carballiño xa teñen a punto a súa residencia

Visita á residencia de Aspadisi.
photo_camera Visita á residencia de Aspadisi.
A Deputación de Ourense colaborou cunha achega de 300.000 euros para a construción do edificio da residencia-centro da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos da comarca do Carballiño (Aspadisi)

Nunha visita ás instalacións, a deputada provincial de Políticas Sociais, Patricia Torres, dixo que o goberno provincial é consciente de que “a maior preocupación para os familiares de persoas con diversidade funcional é pensar no seu futuro cando non esteamos. Sabemos do esforzo que supuxo construír un centro no que poidan vivir minguando, dalgún modo, esa preocupación”. Patricia Torres aproveitou para poñer en valor “o traballo e o esforzo de todas as persoas que forman parte de Aspadisi”.

A deputada provincial lembrou tamén que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Termalismo Social que este ano inclúe o Termalismo Inclusivo, orientado principalmente ás persoas con diversidade funcional e do sector da economía dos coidados.

Te puede interesar