O CARBALLIÑO

O pleno aborda o recoñecemento internacional da Festa do Pulpo

Outros temas que se porán a debate son a resolución das alegacións ás ordenanzas fiscais para o próximo ano, a relación de postos de traballo do concello, a ordenanza de terrazas e a revisión de oficio de permuta da Veracruz

Mañá será presentada no pleno municipal a proposta da concellería de Turismo para declarar a Festa do Pulpo como Festa de Interese Turístico Internacional. Esta celebración cumple con todos os requisitos esixidos polo Ministerio, aínda que esta aprobación é o único que falta para que se poida tramitar a proposta, e espérase a unanimidade de todas as agrupacións. A Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia ofreceu toda a axuda necesaria ó concello para lograr este cometido. Despois de cincuenta e cinco anos de celebración desta festa gastronómica o seu interese será recoñecido internacionalmente. 

Outros temas que se porán a debate son a resolución das alegacións ás ordenanzas fiscais para o próximo ano, a relación de postos de traballo do concello, a ordenanza de terrazas e a revisión de oficio de permuta da Veracruz.  

Dentro da actividade de control, serán revisadas as cinco mocións presentadas por parte dos grupos da oposición. A Asociación Veciñal pide a gratituidade de visitas a Museos e Bens de Interese Cultural para escolares, persoas en paro e xubilados ademáis da resolución xudicial sobre o persoal municipal. O BNG presenta dúas mocións, relativas ó 25 de novembro e ó aparcamento de camións no casco urbán. Por último, o Partido Popular presenta outra na que  pide a renovación da rede de abastecemento, augas residuais e pluviais. 

Te puede interesar