pleno

O pleno instará á Xunta a que asuma o servizo “Bo día familia"

Este grupo tamén propon á Corporación o traslado deste acordo á Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) para que defenda o interés común dos concellos neste asunto

O grupo municipal Alternativa Veciñal de Carballiño defenderá nun próximo pleno una moción para solicitar á Consellería de Educación que asuma tódolos servizos relativos ao ensino universal e gratuito entre os que se inclúen a xestión dos horarios que permitan a conciliación da vida laboral dos país e a escolar dos fillos, "hoxe por defecto asumido polo Concello do Carballiño coa denominación de “Bó Día Familia”, sinala o portavoz, Bernardo García.

Este grupo tamén propon á Corporación o traslado deste acordo á Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) para que defenda o interés común dos concellos neste asunto ante os organismos competentes en materia educativa como poden ser a Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, segundo matiza Bernardo García. 

Te puede interesar