Ismael González presentou en Carballiño 'El crimen de Osera'

Poesía e música para os mártires de Oseira

Atanes, Rodríguez, Ismael González, Mini, Mero y Muleiro.
O productor cinematográfico Ismael González prefiriu a vila do Arenteiro para a presentación do seu libro 'El crimen de Osera', tendo en conta a súa orixe natal na localidade carballiñesa de San Fiz de Barón. Foi na tarde de onte no Casino, rodeado dun bó fato de amigos, onde o veterán cineasta sinalou que 'escribín este libro por amor á patria galega e española, e para que non se repitan feitos como os acontecidos hai 101 anos en Oseira'.
Ismael González refírese, na publicación, ó asalto protagonizado pola Garda Civil a igrexa conventual do actual mosteiro cisterciense, o 22 de abril de 1909, para a retirada do baldaquino do altar que fora ordeada polo Obispado de Ourense e que estaba custodiado por 400 veciños de Oseira. Os gardas utilizaron os seus fusiles e causaron a morte de cinco persoas, entre elas unha muller embarazada.

O acto de presentación correu a cargo de Avelino Muleiro, director do Instituto de Estudios Carballiñeses, mentres o profesor Frutos Fernández foi o encargado de lembrar a época social e de confrontación de intereses entre os cidadáns e o Clero pola defensa do patrimonio eclesiástico.

A continuación, o propio autor deu lectura a un poema de lembranza do Carballiño, criticando 'os señores de Vilamorta que rinden culto ó rei de oito rabos', mentres tivo un recordo para 'os técnicos e arquitectos que cada día teñen que loitar cos políticos do gremio dos bandulleiros'.

Un recital teatralizado a cargo do actor Darío Rodríguez encol dos sucesos de 1909 foi seguido da proxección dun anticipo do documental que está a culminar Ismael González sobre o caso. O acto rematou cun cantar de cego, interpretado por Mini e Mero, do grupo folclórico 'A Quenlla'.

Te puede interesar