POLÉMICA

O PP de O carballiño pide explicacións sobre o contrato dun monitor de tenis

O edil de Deportes, Manuel Dacal declaraba sobre as críticas do PP que o Concello non ten nada que ver co que faga unha empresa privada

O grupo municipal do PP no Carballiño afirma que o Concello contratou por medio dunha empresa externa ao monitor de tenis que ten un pleito laboral co propio Concello. "Xa tiñamos denunciado a improvisación do goberno municipal a finais do ano 2016, cando o Concello anunciara aos usuarios da Escola de Tenis que se interrumpiría aínda que as taxas estivesen cobradas ata xuño do 2017, toda vez que non se procedería a contratar para o ano 2017 ao monitor desta disciplina deportiva, por razón de que tiña denunciado ao Concello para poder pasar a indefinido", apunta o portavoz popular, Argimiro Marnotes.

Por este motivo, á vista de que o monitor está traballando pide explicacións ao goberno local socialista. Según sinala "parécenos un novo atropelo este novo movemento do goberno municipal, que esto se fixera desta forma, toda vez que lle vai dar máis forza ao interesado para quedar indefinido no Concello".

Marnotes lembra que o edil de Deportes, Manuel Dacal, manifestara que non se podía contratar a este monitor por existir informe contrario da secretaria municipal mentres non se resolverá a denuncia xudicial.

Manuel Dacal declaraba sobre as críticas do PP que o Concello non ten nada que ver co que faga unha empresa privada, "que pode contratar ao monitor que queira, aínda que esté en pleito co Concello". 

Te puede interesar