Chus Pato e Camilo Nogueira recibiron os galardóns no pazo de Moldes na 24 edición do certamen

Os premiados no ‘Antón Losada’ aproveitan o acto para reivindicar a defensa do galego

Chus Pato e Camilo Nogueira, detras, Caamaño, Pardo, Inmaculada Ucha, Valladares e Montes.
A entrega do Premio Antón Losada Diéguez, que se celebrou onte no pazo de Moldes (Boborás), tivo un marcado acento reivindicativo da cultura e, sobor de todo, do idioma galego.
Chus Pato pola súa obra ‘Hordas de escritura’ e Camilo Nogueira polo ensaio ‘Europa, o continente pensado’ recibieron os galardóns correspondientes a 24 edición do certamen, na que se destacou a figura de Antón Losada pola súa espiritualidade, o seu agrarismo e pola influencia que tivo no nacionalismo.
O acto literario de entrega do Premio Antón Losada Diéguez tivo onte un marcado sentido reivindicativo da cultura e, sobor de todo, da lingua galega. Despois da celebración da misa e da ofrenda floral nas tumbas de Losada Diéguez e de Chamoso Lamas, os asistentes trasladaronse dende a igrexa de Moldes, no Concello de Boborás, ata o pazo da familia do ilustre galeguista, onde en cada edición do certame, e xa van 24, se procede á entrega dos premios na modalidade de creación literaria e na de investigación e ensaio, dotados con 6.000 euros cada un.

Este ano tocoulle a organización ó Concello do Carballiño, que a comparte de maneira alternativa con Boborás, contando sempre co apoio da Diputación provincial.

Nesta ocasión os galardoados foron Chus Pato pola súa obra ‘Hordas de escritura’, e Camilo Nogueira polo ensaio ‘Europa, o continente pensado’.

O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, escomenzou decindo que este premio é ‘un tributo o noso idioma e a nosa cultura’, e aproveitou a ocasión para chamar a atención sobor da ‘ruta historica entre o Ribeiro e Compostela’.

A presentadora do acto, Fina Calleja, tamén salientou que ‘sen a existencia de persoas tan excepcionais coma Antón Losada e Chamoso Lamas dificilmente se podería conservar o idioma e o patrimonio cultural’. A ourensana Chus Pato destacou de Losada o seu agrarismo, a súa postura contra o caciquismo, a súa espiritualidade e o seu nacionalismo, ‘non son no ámbito político senón tamén no cultural’. Tamén apuntou que era unha persoa preocupada pola creación literaria, polas ciencias e pola emigración, entre outras cousas. A súa influencia no nacionalismo, dixo a autora, ven dada pola ‘súa capacidade para remover as conciencias’. A escritora rematou con unha ‘chamada á sociedade galega a prol da defensa do idioma, hoxe acosado polo Goberno galego que ten a obriga de defendelo’.

Camilo Nogueira referiuse a Galicia coma un lugar ‘privilexiado e no centro do mundo’, e a unha Unión Europea onde se recoñece como nación. ‘O único país de Europa que se chama igual que fai 2.000 anos’, sinalou. E nese senso fixo unha defensa do proxecto de Unión Europea en paz e dialogante e rematou lembrando que ‘no parlamento europeo falei galego durante cinco anos pero non poderei facelo no Congreso dos Diputados’.

O himno antergo rematou o acto

O himno antergo de Galicia, interpretado pola Escola municipal de Gaitas, puña fin ó acto literario, que congregou unha vez máis ós amantes da cultura e políticos de toda a comarca. Depois tiña lugar unha comida campestre na carballeira de Moldes, organizada polo Concello do Carballiño para unhas 80 convidados, entre autoridades e familiares de Antón Losada Diéguez, que ceden cada ano o pazo para este acontecemento literario.

Te puede interesar