Gastronomía

O Pulpo quere batir récords

Mikel Erentxun protagonizará un dos concertos previos á cita gastronómica do Carballiño

A Festa do Pulpo do Carballiño acada o vindeiro domingo 12 de agosto a súa edición número 56, cunha dedicatoria conmemorativa do centenario da fundación do Centro Partido de Carballiño en Buenos Aires, que agrupa á comunidade emigrante neste país suramericano. Un evento que tentará mellorar o éxito de afluencia e consumo de pulpo do pasado ano, malia a que nesta edición do 2018, "aínda que non é moi doado que se superen as últimas cifras de preto de 100.000 persoas e arredor de 70.000 quilos de cefalópodo en 150.000 racións", tal e como apuntou o alcalde, Francisco Fumega.  

Outro dos retos é o da tradicional tapa xigante, que consistirá, o 7 de agosto, en conquerir o cortado de 400 quilos de pulpo en menos de dez minutos.Unha cita que a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, calificou de "enogastronómica", mentres o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, comentou que "se cada vez veñen máis visitantes, é que lles estamos a dar un producto de calidade". 
Pero o festexo tamén terá o seu anticipo cun amplo abano de máis de 20 actividades culturais e lúdicas e 30 concertos musicais, que se desenvolverán do 1 ó 12 de agosto. Entre eles destaca o que protagonizará o 10 de agosto o fundador de Duncan Dhu, Mikel Erentxun, na Praza Maior. 

O ciclo Músicas de Sofá, con sete grupos de jazz e blues; o Festival de Habaneras, as Xornadas Internacionais de Folclore, o grupo Keltia e a semana de lecer para os cativos, completan, entre outros, o programa previo á celebración, que foi presentada polos concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente. Fumega, pola súa parte, agradeceu a colaboración das institucións, como a Xunta e o Inorde, así como das empresas patrocinadoras.

Te puede interesar