Un programa cultural e de lecer implicará ós veciños de Maside de tódalas idades

O Concello de Maside presenta para a tempada de verán un extenso programa de actividades culturais, formativas e de lecer no que pretende implicar a tódolos veciños e veciñas, sen distinción de idades. Así, dende o vindeiro luns ábrese o prazo de inscripción para os cursos de iniciación e perfeccionamento de natación, que se desenvolverán nas piscinas da Rañoa en horario de 11.00 a 12.00 para os nenos e de 20.00 a 21.00 para os adultos, cun prezo de 10 euros por cada participante.
O mesmo recinto termal acollerá dúas veces á semana o taller ‘Aquagym’, orientado ó público adulto e cun horario de oito a nove da noite, mentres do 1 ó 31 de xullo celebrarase a segunda edición do ‘Campamento de verán’, para rapaces de 6 a 13 anos e cun custe de 12 euros para os empadroados no municipio e 15 euros para ós residentes noutros concellos. Por outra banda, os máis cativos, de idades comprendidas entre 3 e 6 anos poderán disfrutar de talleres de debuxo, pintura e teatro do 3 ó 21 de agosto, en horario diario de 11.00 a 13.30.

Circuito

A programación cultural completarase nos días previos ás festas patronais de San Vitorio con dous espectáculos gratuitos de monicreques, previstos para os días 19 e 21 de agosto, e outro de maxia -o día 20adicados ó público infantil. Istes actos están incluidos no circuito ‘Vai Verán’ da Xunta, no que tamén se contemplan tres xornadas de cine ó aire libre do 24 ó 26 do mesmo mes. Os veciños interesados en participar nestas actividades poden formalizar a súa inscripción nas oficinas do departamento municipal de Servizos Sociais, ubicadas no Centro de Saúde de Maside, ou poéndose en contacto co teléfono 988.40.11.08. Ademais, poden solicitar dende o 15 de xuño información encol dos prezos dos bonos mensuais ou para todo o verán, que facilitan a entrada nas piscinas municipais.


Te puede interesar