O PSdeG critica as melloras nunha rúa que non é prioritaria

O grupo municipal dos socialistas no Carballiño manifestan o seu malestar pola inversión que anunciou o Concello de 25.000 euros para o empedrado da Rúa dos Canteiros, como complemento ó proxecto de urbanización que se está facendo no entorno da Veracruz. Os socialistas sinalan que 'o concelleiro de urbanismo sacase repentinamente da manga unha partida de 25.000 euros para acometer esta mellora', asegurando que previamente foron rexeitadas tódalas súas propostas para ese entorno.
'Non se entende que non se podan empedrar os camiños de sábrego que transcorrerán polo novo espacio, ou por que non se pode construir o parque infantil que estaba previsto, ou por que non se pode acometer ninguna mellora en Evaristo Vaamonde e sen embargo si aparecen da nada cartos para arranxar unha rúa que non é das que peor estado de conservación presenta', indican.

Este grupo da oposición considera que hai necesidades máis apremiantes, asegurando que o Carballiño está cheo de baches, con lousas levantadas e sen placas identificativas, entroutras cousas.

Te puede interesar