MEJORAS

O PSdeG quere que se arranxen camiños na aldea de Pazos

Aseguran os socialistas que "os habitantes desta zona reclaman que remate o “abandono” ao que están sometidos por parte do goberno municipal", e insisten en que é unha obra moi necesaria

Os socialistas de Boborás reclaman ao Concello o acondicionamento dos camiños da aldea de arriba de Pazos de Arenteiro, porque consideran que o seu estado é "calamitoso" e que "está a por en grave risco a seguridade dos veciños, xa que no caso dunha emerxencia sanitaria, unha ambulancia non pode chegar ata as vivendas". 

Aseguran os socialistas que "os habitantes desta zona reclaman que remate o “abandono” ao que están sometidos por parte do goberno municipal", e insisten en que é unha obra moi necesaria. 

Te puede interesar