O PSdeG recolle firmas contra a supresión da ciruxía infantil

O PSdeG do Carballiño, presentou unha moción sobre a eliminación das urxencias pediátricas na provincia de Ourense, 'ante a gravidade da situación que afecta de cheo a vila do Carballiño, a primeira vila con máis poboación infantil de toda a provincia e que se verá afectada de cheo por esta cruel decisión da administración do PP de Alberto Núñez Feijóo, co perxuizo que esto acarrea para nenos e pais', sinalan os socialistas.
Por ese motivo, o PSdeG do Carballiño xa está a recoller firmas e este próximo domingo, a partires das once e media da mañá, estará na Praza Maior para atender a todo aquel que se queira achegar a deixar a súa firma contra esa medida.

A moción insta á Corporación do a tomar o acordo para solicitar que de forma inmediata se repoña o Servizo de Urxencia de Cirurxía Pediátrica no Hospital Universitario de Ourense.

Te puede interesar