POLÍTICA

O PSOE afirma que PP e CI apropianse das súas propostas

Por ese motivo, o PSOE de Punxín "esíxelle a Joaquín Moldes que deixe de facerlle un pé ao goberno do Partido Popular

O grupo municipal socialista de Punxín critica a actitude do grupo Cambio Intelixente (CI) e do Partido Popular por impedir que prosperen as iniciativas do PSOE. Segundo manifestan os socialistas, oposición no Concello, "o portavoz de CI, Joaquín Moldes, xa se aliou en varias ocasións co PP para frear propostas do PSOE e, días máis tarde,  apropiouse da idea socialista para vendela como propia gracias a reunións institucionais".

Engaden que no pleno do pasado mes de marzo, o PSOE solicitou que se puxera en marcha un obradoiro de emprego para reducir o número de desempregados mediante a asociación con outros municipios, co fin de obter axudas. "Moldes votou en contra, pero pouco despois tivo unha xuntanza coa delegada territorial da Xunta para vender un suposto logro seu neste sentido", matizan. 

Por ese motivo, o PSOE de Punxín "esíxelle a Joaquín Moldes que deixe de facerlle un pé ao goberno do Partido Popular e teña respecto pola xente de Punxín que é a quen está a representar”.

Os socialistas lembran que, "ao contrario que CI e o PP, o PSOE non ten reparo en apoiar canta iniciativa positiva haxa para o concello, sen importar de onde veña. Por todo isto, reclamamos que Joaquín Moldes se retracte e recoñeza que se opuxo a unha medida que agora di defender".

Te puede interesar