O PSOE solicita a dotación de máis docentes para o IES número un

O grupo municipal do PSOE do Carballiño presentou onte un total de tres mocións para o seu tratamento no vindeiro pleno da Corporación, aínda sen fixar pola alcaldía. Nunha delas, os socialistas instan ó Concello á entrega da documentación solicitada os días 8 de agosto e 7 e 23 de setembro, relativa ás facturas que se adebedan a determinadas empresas, coma é o caso de Gas Natural e Autocares La Montañesa, e que superan os 600.000 euros
Outra proposta do PSOE carballiñés consiste en reclamar da Consellería de Educación a reposición do cadro docente no Instituto de Educación Secundaria (IES) número un, xa que neste curso hai 28 alumnos matriculados máis có anterior mentres a plantilla de profesorado reduciuse en catro persoas.
Finalmente, os grupo socialista solicita da Corporación unha instancia á Consellería de Educación para que cre unha liña de becas, bolsas ou axudas para os comedores escolares, destinadas ó alumnado pertencente a familias que atravesan dificultades económicas na actualidade.

Te puede interesar