Quince mulleres participan en un taller de afectividade

A Concellería de Igualdade e Benestar Social do Carballiño puxo en marcha na tarde de onte un taller de afectividade e sexualidade, no que participa un total de 15 mulleres do municipio maiores de 40 anos. Os obxectivos deste programa son posibilitar o intercambio vivencial e reflexido entre as mulleres e estimular o autocoñecemento e a revisión da súa propia sexualide.
A responsable do departamento municipal, Áurea Francisco, sinalou na inauguración deste taller que 'a partires de certa idade, hai cambios hormonais que debemos afrontar, e o amor, a paixón e a tenrura son camiños que posibilitan unha resposta sexual nestas situacións'.

O taller desenvolverase os días 5, 10 e 12 de maio, de 17.00 a 20.00 horas, e está impartido por Berta Vega, licenciada en Pedagoxía. Esta experta traballou na Fundación Sexpol de Madrid e de coordinadora no Centro Alecrín, en Vigo.

Te puede interesar