O éxito acadado polo programa Familias madrugadoras no Carballiño durante o pasado ano levou á Concellería de Servizos Sociais a ampliar a tempada ó vindeiro verán, a fin de que un total de 50 rapaces poidan estar atendidos mentres os seus pais traballan, segundo anunciou a responsable desta área municipal, Asunción Rivero.
Deste xeito, o local alugado polo Concello carballiñés na rúa Calvo Sotelo acollerá de luns a venres e de 7.50 a 13.30 horas a medio cento de nenos e nenas de educación Infantil e Primaria dos centros educativos da vila, aínda que o número de prazas tamén se pode incrementar se hai máis demanda, sinalou a edil socialista.
As familias poderán inscribir ós seus fillos dende hoxe e ata o 19 de xuño nas oficinas de Servizos Sociais, na rúa Faustino Santalices, e só teñen que abonar unha cuota de 10 euros por toda a tempada estival. Asunción Rivero apuntou que, na actualidade, este programa de conciliación da vida familiar e laboral acolle a un total de 88 rapaces, cunha media de 45 diarios.