A Residencia do Tempo Libre acolle a operadas de cancro

A Residencia do Tempo Libre do Carballiño acolle desde onte e ata o próximo 19 de setembro a un grupo de 25 mulleres que participan no programa Vitalia 'Estancias socioterapéuticas en centros para mulleres operadas de cancro'.
A iniciativa está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro de Ourense.

Durante esta estancia de catro días, as mulleres beneficiarias deste programa -que é totalmente gratuito- participarán en distintas actividades de carácter formativo e terapéutico, asistirán a talleres de risoterapia, farán excursións e tamén visitas guiadas polo entorno do Carballiño.

Ademais, contarán coa atención continuada por parte dun equipo interdisciplinar especializado, segundo informan responsables da organización.

Te puede interesar