Os socialistas demandan información da Escola de Fútbol

O PSdeG do Carballiño considera que o grupo de goberno municipal ten abandoada a Escola de Fútbol e esixe ao alcalde que aclare aos pais cal será o futuro de dito centro deportiva.

Os socialistas demandan do rexidor, Argimiro Marnotes, que convoque unha reunión informativa cos pais xa que "é indignante que teñan que coñecer polos medios de comunicación os pasos que se están a dar xa que ninguén falou con eles".

En relación ás manifestacións do alcalde de que as competicións da escola canalizaranse a través dos clubes Arenteiro e Carballiño Fútbol Sala, os socialistas afirmaron que valorarán este principio de acordo cando teñan máis datos "porque nin nós, nin os pais, nin os alumnos, sabemos como vai continuar a escola na vindeira tempada. O único que sabemos é o incremento que terá a matrícula, que pasará a ser de 130 euros, e que o goberno do PP está convertendo o fútbol nun artigo de luxo", ao que hai que engadir os 24 euros ao mes por desprazarse a xogar fóra, sinalan.

Te puede interesar