O CARBALLIÑO

Traballadores da Mancomunidade quéixanse de que non cobraron

Os afectados síntense discriminados xa que as auxiliares a domicilio xa recibiron o soldo

Traballadores da Mancomunidade de Concellos do Carballiño quéixanse que a día de onte "o persoal está sen cobrar" e aseguran que "esto xa leva sendo unha dinámica nos últimos anos, pero agora xa está sendo moi preocupante".
Engaden que teñen coñecemento de que unha parte do persoal de este ente comarcal xa cobrou e sinalan que "as auxiliares que traballan nos domicilios cobraron todas".

Por iso, os afectados falan de "discrimación" e pregúntanse a que se debe. "Por que hai persoal que non cobrou?, por que hai traballadores de segunda?".
Ademais, tamén se refiren a que "os rumores falan de que hai persoal con xuizos abertos nestes próximos días contra a Mancomunidade, por temas económicos e incumprimento de pagos", e pregúntanse se o de non cobrar é unha "represalia.

O presidente da Mancomunidade, Manuel Cerdeira, non quiso facer declaracións, matizando que non vai entrar nesa polémica. Só apuntou que é un problema puntual e que quedará resolto o próximo luns.

Te puede interesar