As voces de tres corais xúntanse no 'Festival de Habaneras'

O Auditorio municipal da vila do Arenteiro acollerá o vindeiro 28 de xullo, sábado, unha nova cita co 'Festival de Habaneras', que dende hai 19 anos organiza a agrupación Orfeón do Carballiño. O certame polifónico, ó que o público poderá acceder dexeito totalmente gratuito, comezará ás 20,30 horas coa participación da Coral de los Corrales de Buelna, de Cantabria, fundada en 1982 y con 55 voces; o coro e rondalla 'Añoranzas' de O Ferrol (A Coruña), cunha traxectoria que se remonta a 1944 e de 45 compoñentes, e o propio Orfeón carballiñés, nado en 1993 e con 40 coralistas.
O director deste colectivo musical, José Luis Reza Cabano, suliñou que 'esta época de recortes tamén chegou ó noso festival, e por iso non haberá, coma en edicións anteriores, unha homenaxe á obra dun compositor vivo'. Reza lembou que 'a organización deste evento supón para nós un gran esforzo económico, xa que a meirande parte do orzamento sae dos cartos que cobramos polos nosos recitais ó longo de todo o ano'.


CALIDADE

Nembargantes, tanto o director musical coma o presidente do Orfeón, Emilio Rodríguez, apuntaron que 'o obxectivo foi manter o nivel de calidade dos 18 festivais anteriores, para que carballiñeseses e visitantes poidan disfrutar dunhas voces únicas'. Deste xeito, Reza Cabano asegurou que o xénero das habaneras, que foi importado de Cuba, xa está recoñecido como tal e 'é un referente nos concertos de xullo e agosto'. Así, destacou o nivel de interés nacional e internacional dos festivais de Bilbao, San Vicente de la Barquera, Torrevieja, Cádiz, A Coruña e mesmo ó de Carballiño, o único que se desenvolve na provincia pero que atrae a centos de perosas.

Te puede interesar