O BNG de Leiro investigará a selección dun traballador

A convocatoria dunha praza laboral temporal de axente TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) para o centro da rede Cemit do Concello de Leiro suscita as críticas do portavoz do BNG, Luis Pérez Estévez, quen sinalou que 'quero manifestar publicamente o meu malestar, vista a polémica xerada polo proceso de selección de dita praza entre os socialistas e populares. O noso grupo examinará o expediente da selección da devandita praza para comprobar que cumpriu con tódolos requisitos legais'.
O concelleiro da oposición tamén anunciou que 'se investigará como é posible que o grupo político do PSOE tivera información privilexiada'. Luis Pérez referíase as supostas irregularidades sobre as que fixeron declaracións os socialistas sobre o proceso de selección.

'Comprobaremos se o noso grupo do BNG en Leiro está a sufrir algún tipo de discriminación con respecto o PSOE por parte do Concello ou calquera outro organismo público', engadiu o portavoz.

O alcalde de Leiro, Francisco Xosé Fernández, criticou ós socialistas por referirse a irregularidades na selección cando aínda non se realizara e, en relación o sinalado polo BNG, matizou que a convocatoria fíxose pública nun pleno.

Te puede interesar