NOVA CAMPAñA PROMOCIONAL

O comercio do Ribeiro dase a coñecer no 
cine de Leiro

A asociación premiará as compras dos clientes con un sorteo semanal durante dous meses de cinco entradas dobles para o cine

O Centro Comercial Aberto do Ribeiro inicia hoxe unha nova campaña promocional do pequeno comercio e servizos que ofrecen os seus asociados, e que se leva a cabo en colaboración con Novocine de Leiro. A asociación premiará as compras dos clientes con un sorteo semanal durante dous meses de cinco entradas dobles para o cine.

Por outra banda, esta sala de cine emite desde este fin de semana e durante seis meses un video promocional ó inicio de cada sesión diseñado para concienciar ó público de que na comarca do Ribeiro hai tendas, bares, restaurantes e servizos varios suficientes e que ofrecen productos de calidade como para que os veciños poidan mercar nela sin desprazarse a outras zonas. Os comerciantes tamén diseñaron unha guía para dar ó público onde aparece un listado de negocios asociados para facilitar ós posibles clientes a súa localización.

Te puede interesar