O propietario colocou no ano 2007 'elementos discordantes' co conxunto histórico da vila

O Concello de Ribadavia esixe sacar adornos dunha fachada

O edificio está situado en pleno casco histórico de Ribadavia.
O Concello de Ribadavia ábrelle un expediente de reposición da legalidade a un veciño da vila por negarse a retirar diversos elementos como escudos, pancartas, rótulos ou un buzón de correos, entre outros, da fachada da súa casa situada en pleno casco histórico.As autoridades locales básanse en que incumple as pautas establecidas no Plan de Rehabilitación Integral da zona antigua de Ribadavia.
Tras un longo enfrentamento que se prolongou durante os últimos cinco anos, o Concello considera que está finalizado e concede 15 días a Camilo R. A. para que retire os elementos alleos a fachada do inmoble e que foron motivo da apertura do expediente no 2007.

'O expedientado facía caso omiso ós requerimentos do Concello de Ribadavia, un caso que chegou a ser 'vox populi' pola sua gravidade e reincidencia, polo que non quedou máis remedio que sancionar ó infractor cunha multa de 1.000 euros e abrirlle un expediente de reposición da legalidade que ten como fin que volva a recuperar a súa fachada ó seu estado orixinario, limpando todos aqueles elementos que incumpren o artículo 10 do patrimonio catalogado do Plan de Reforma Interior, tratándose de elementos engadidos, que non son orixinais, nin característicos da edificación nin do conxunto histórico', sinalou o alcalde, Marcos Blanco. A decisión municipal adóptase despois de comprobar en Patrimonio que non se resolveu incoar ningún proceso para declarar o inmoble Ben de Interés Cultural, segundo alegara o propietario ante o Concello para evitar a limpeza da fachada.

Te puede interesar