certamen

Concurso para elexir o cartel da próxima Feira do Viño do Ribeiro

O prazo para presentar os orixinais, en formato dixital ou físico, rematará o 3 de marzo

A organización da Feira do Viño do Ribeiro, que este ano 2017 chegará á súa 54 edición, acaba de convocar as bases do concurso que permitirá a selección do cartel que a representará. O certame desenvolverase os días 29 e 30 de abril no seu recinto tradicional, a Alameda de Ribadavia.

A convocatoria do concurso está dirixida a creativos e artistas, que deberán presentar obras inéditas orientadas no tema "Movimiento Ribeiro alude á renovación, ao rexurdir e a reinterpretación da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Viños de calidade, viños de paisaxe e territorio".

O prazo para presentar os orixinais, en formato dixital ou físico, rematará o 3 de marzo e está previsto que o fallo do xurado e a presentación da obra gañadora teña lugar na semana do 6 ao 10 de marzo.

Concederase un único premio de 1.500 euros ao cartel gañador que decida o xurado. Este xurado estará integrado por profesionais do mundo das artes e do deseño, estando ademáis representados os organizadores, que son o Concello Regulador da Denominación de Orixe e o Concello de Ribadavia.

O cartel gañador quedará en propiedade do Consello Regulador e os seleccionados para a ronda final serán expostos posteriormente no local da Madalena, entre o 24 de abril e o 1 de maio.

Te puede interesar