O Consello Infantil de Castrelo falou sobre educación no Congreso

A representante infantil expuxo as conclusións do IV Encontro de consellos celebrado en Santander

A concelleira de Deporte, Ensino, Protección Civil, Voluntariado e Participación Social de Castrelo de Miño, María Isabel Rodríguez Perdiz, e a representante do Consello Infantil deste municipio, Edita Pousada, asistiron no Congreso dos Deputados á presentación das conclusións do IV Encontro de Consellos de Participación que se celebrou o pasado mes de novembro en Santander. 

A xornada foi organizada pola Comisión de Dereitos da Infancia e Adolescencia do Congreso dos Deputados, pola Plataforma de Organizacións de Infancia a través da estratexia A Infancia Opina e por UNICEF.

A esta xornada parlamentaria asistiron oito mozos que representan á rede de Cidades Amigas da Infancia de Alcalá de Henares, Avilés, Málaga, Mollerusa, Navia, Villanueva de la Torre e Castrelo de Miño, sendo este municipio o único galego en participar. A través desta iniciativa, os mozos terán por vez primeira espazo directo na Cámara Baixa do Estado para levar as súas voces directamente aos deputados.

Edita Pousada encargouse de expoñer as conclusións no ámbito da educación e fixo fincapé na necesidade de implicar ao profesorado no fomento do interese por parte dos alumnos, sobre o abandono escolar e tamén no bullyng no ámbito educativo.

Te puede interesar