O Conservatorio e a Escola de Música de Ribadavia acollen 140 nenos

O Conservatorio municipal de Música de Ribadavia conta para o novo curso 2010-2011 con un total de 140 alumnos matriculados, a metade dos cales cursarán os graos inicial e medio no propio Conservatorio, 40 estudarán un instrumento na Escola de Música e 30 son nenos de entre catro e seis anos que dan os seus primeiros pasos musicais na Escola municipal.
Os alumnos e pais xa asistiron o pasado 17 de setembro o acto de presentación do novo curso, onde os responsabeis do Conservatorio lles entregaron os horarios das distintas clases.

A actividade iniciase hoxe, 20 de setembro e, segundo apuntan os responsabeis da Concellería de Cultura, que dirixe o nacionalista Anxo Collarte, 'no que se refire aos horarios individuais de instrumento, estes serán facilitados polo profesor respectivo de cada instrumento. En canto ás materias colectivas, os horarios figurarán expostos no taboleiro de anuncios do Conservatorio', manifestou o edil.

O Concello de Ribadavia manten o Conservatorio e a Escola de música, pese a que segundo recoñeceron as autoridades de Ribadavia é un dos servizos máis costosos ó que hai que facer frente pese ós recortes presupuestarios e a crise económica, debido a importante demanda que ten.

Te puede interesar