A etiquetaxe en galego 'dálle personalidade' o viño

Xosé González, a dereita, con Rodríguez e García detrás.
Directivos do Foro Enrique Peinador e da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística déronse cita onte na adega 'Virmadeus' de Cenlle para a presentación da octava campaña de galeguización das etiquetas dos viños galegos.
O presidente do foro, Xosé González, apuntou que 'dende que comezamos con esta iniciativa, no ano 1993, conquerimos que na actualidade haxa 170 adegas que etiquetan en galego as botellas, un 42% do total, cando entón non chegaban a 15'. Engadiu que 'a lingua galega afortala a denominación de orixe dos nosos viños nos mercados internacionais, dándolle unha personalidade propia'.

Ó acto celebrado no mediodía, asistiron representantes da citada asociación, coma o fiscal xeral Carlos Varela e o comisario xefe da Policía Nacional, Luis García Mañá, así como o presidente do colectivo 'Álvaro das Casas', Avelino Muleiro. Tmaén estiveron presentes o presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Luis Anxo Rodríguez, e da Cooperativa Vitivinícola, Manuel García.

Te puede interesar