A maridaxe cos viños xuntou a unha veintena de participantes

Onte celebrouse na casa de turismo rural Pazo de Esposende (Ribadavia) a terceira xornada do evento 'Harmonía de Sabores da Ruta do Viño do Ribeiro'. Neste terceiro módulo realizouse a maridaxe de catro viños tintos de O Ribeiro con alimentos autóctonos de Galicia, nesta ocasión con Indicación Xeográfica Protexida. Desta maneira degustouse o lacón galego, a ternera e o pan de Cea.
A preparación dos pratos correu por conta do Centro de Formación de Empresarios de Hostelería e Turismo de Ourense, que dirixe Constantino Iglesias, que presentou lacón cocido, solombo en carpaccio e tamén xarrete estufado.

Ademais, contouse novamente coa dirección do sumiller Antonio Raluy, que foi o encargado de guiar aos participantes polas sensacións, experiencias e harmonías desta maridaxe.


ÉXITO

A participación rondou a veintena de persoas neste terceiro módulo, 'incrementándose a asistencia en cada xornada levada a cabo, dato que amosa un gran interese dos participantes, froito das anteriores experiencias satisfactorias', sinalaron os responsabeis da Ruta do Viño.

A cuarta xornada está prevista para o próximo tres de xuño, nas instalacións da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, ubicadas en Valdepereira (Ribadavia).

Te puede interesar