Os pais protestan polo recorte de persoal docente en Carballeda

A asociación de pais de alumnos do colexio de Infantil e Primaria Pena Corneira de Carballeda de Avia procederon nestes día a colocar carteis e pancartas polo pobo protestando polo recorte de persoal docente que anunciou un inspector durante unha recente visita ó centro. Os pais tamén teñen prevista para mañá, polo mesmo motivo, unha concentración, a partires das 10:00 horas, na entrada do colexio.
'Alumnos, nais e pais acudirán disfrazados de ovellas, lobos e xestores da Consellería de Educación para denunciar que os nenos non son un rebaño á orde das políticas de recorte que está a acometer a Xunta na educación pública', indicou onte a directiva do centro. Para esta concentración anuncia que están convocados tamén os veciños de todo o municipio.

Os pais sinalan que dos sete profesores que actualmente dan clase 'se recortarán tres, co que o colexio quedará, o vindeiro curso, con só catro mestres para os 50 nenos matriculados en Infantil e Primaria'. A asociación asegura que a medida aplicarase igualmente noutros centros, polo que fan un chamamento ós pais para que protesten.

Te puede interesar