Ribadavia aspira a promocionar e incentivar ós poetas galegos

'Por un Ribeiro Poético' é unha iniciativa cultural que xurde promovida polos amantes da poesía e das letras e cultura galega. Con este evento preténdese promocionar e incenvitar ás novas xeraciós de poetas o mesmo tempo que se persigue convertir a Ribadavia nunha plataforma para a súa expresión. Celebrarase os días 2 e 3 de setembro, no Club Artístico de Ribadavia.
O público poderá asistir a varios recitales poéticos, conferencias e mesas redondas. Entre os participantes figuran nomes como Luis González Tosar, Xesús Alonso Montero, Xosé Lois García, Ramón Caride Ogando, Dana Escribano, Cruz Martínez, Wladimir Dragossán, María do Carmen Henríquez Salido, José Luis Chao, Iria Bragado, Simón Cabo, Concha Rousía e Jaime Moreda.

La entidade 'Por un Ribeiro Poético', pretende tamén 'que esta cita anual sirva para un coñecemento e contacto entre as novas xeracións e os escritores e personalidades da cultura máis consagrados, apostando pola poesía escrita en galego e en directo'. A organización conta co apoio de diversos establecementos e colaboradores.

Te puede interesar