Os veciños de Avión apúntanse a reciclar residuos na casa

O Concello de Avión invita a tódolos veciños a participar no programa de compostaxe doméstica que promove a Deputación.
As persoas interesadas pódense anotar nas oficiñas municipais ata o 30 de abril, de xeito que técnicos da institución provincial entregarán os composteiros ós inscritos, para logo facer un seguimiento de todo o proceso.

O PP de Carballeda alerta dun bache na estrada de Abelenda
A aparición dun socavón na estrada que comunica Avión coa localidade de Abelenda, en Carballeda de Avia, levou o PP deste último municipio a presentar un escrito no Concello. O voceiro dos 'populares', Lorenzo González, sinala que 'esta situación fai perigosa a circulación de automóbiles e peóns, e a zona aínda está sin sinalizar'. O edil do PP engade que 'no contorno desta vía hai tres negocios, e os clientes non poden estacionar os seus vehículos por medo a unha avaría'.

Te puede interesar